lunes, 9 de agosto de 2010

Douche rosas e devólvesme amarguras


Douche rosas e devólvesme amarguras
ou un banquete de sereas mortas
eu, que tanto preciso de alimento.

Cultivo para ti a viña do meu corpo
e tí, voraz, consumes os acios encarnados
triste recompensa de labrego neglixente
que nin rega, nin poda, nin sementa.

Pastoreas en min coma un cervo descoidado
unxido pola urxencia do teu sexo
orfos de tenrura vasme agostando os eidos.

Douche mel e zume de solpores
e fasme catedral de loito e acibeche
eu, que me adico a tecer e destecer galaxias de dozura
cal mendicante penélope.

viernes, 23 de julio de 2010

EROSTEMIA II


vou sedenta a abrevarte o breve bico
e a núa estalagtita que repousa na húmida caverna
coma unha serpe de veludo e amorodos
cuspe un manxar de lúas e de musgo

coa gadaña de acibeche que coroa
este cráneo de cerva namorada
segando vou, e vou a modo
polos teus eidos lacteos e de trigo

e coma non¡ deixalos peregrinos
os dedos que procuran
con fame de noites e de abismos
a doce ponla que repousa adurmiñada

luminoso e afoutado desprega o capitán
velas de azul e de ternuras
cautivo o cíclope e vencido

miércoles, 14 de julio de 2010

micropoemas 1


Son Grial ó que acodes gorentoso,
triángulo invertido ou touza ou medusa ou amazonía
que escancia -cántas veces-, almibre de froitos madurados
para túas aberturas tan prezadas


martes, 13 de julio de 2010

DEBULLANDO EN TI COMA NO MILLO


tris-tris-tris-tris: debullando en tí coma no millo
chas-chas-chas: sachando en tí como na horta
rii-rii-rii: afiando en tí coma ó coitelo
tas-tas-tas: forxando en tí como a gadaña
cet-cet-cet: tecendo en ti coma unha rede
plas-plas-plas: andando en tí como carreiro
xas-xas-xas: rozando en tí coma nas sebes
grou-grou-grou: sacíandome de tí coma do viño

EROSTEMIA 1


couza terca enceto no teu falo ou samesuga nutrida e acibeche
nas horas nas que deberiamos estar a facer circos protectores nos camiños
eu, en tolemia de estadea o estadullo procuro sen acougo.

Lapo as túas pelotas de granito con degoiro carnívoro
batendo marea de saliva, a miña lingua como arma
naquelas horas apropiadas ós morcegos,eu cobizando o carballo que me ha nutrir.

bebo do manancial o líquido derramado e cheirame o bico a castiñeiro en flor